Normativa de Política Social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Noviembre, 2018

04. diciembre 2018 Normativa

Recogemos para su consulta una selección de normas de ámbito social publicadas en el DOG en noviembre de 2018


 

Diario Oficial de Galicia (DOG). Noviembre 2018

Consellería de Política Social. ORDE do 18 de outubro de 2018 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería (DOG nº. 209 do 2 de novembro de 2018)

Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 24 de agosto de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2018-2019 (DOG nº. 215 do 12 de novembro de 2018)

Consellería de Política Social. ORDE do 8 de novembro de 2018 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 21 de xuño de 2018 pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Bono concilia e se procede á súa convocatoria para o curso 2018/19 (DOG nº. 216 do 13 de novembro de 2018)

Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 25 de outubro de 2018 do procedemento BS413A de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento dos centros de protección de menores dependentes de entidades de iniciativa social para o ano 2018, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020) (DOG nº. 218 do 15 de novembro de 2018)

Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se publica a Resolución do 4 de outubro de 2018 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas/excluídas e a lista de agarda para cubrir prazas de persoas colaboradoras bolseiras no Centro Residencial Xuvenil LUG de Lugo para o curso académico 2018/19 (DOG nº. 222 do 21 de novembro de 2018)

Consellería de Economía, Emprego e Industria. ORDE do 16 de novembro de 2018 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras dun programa a prol da contratación das mulleres desempregadas, cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e a formación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 27 de xuño (DOG nº. 224 do 23 de novembro de 2018)

Consellería de Política Social. ORDE do 20 de novembro de 2018 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 27 de xuño de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e se convocan para o ano 2018 (cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020) (DOG nº. 224 do 23 de novembro de 2018)

Consellería de Economía, Emprego e Industria. ORDE do 19 de novembro de 2018 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao programa operativo do Fondo Social Europeo, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº. 225 do 26 de novembro de 2018)

Consellería de Economía, Emprego e Industria. ORDE do 21 de novembro de 2018 pola que se publica a ampliación de crédito da Orde do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2018 e 2019 (código de procedemento TR301V (DOG nº. 226 do 27 de novembro de 2018)

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 12 de decembro de 2017, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº. 228 do 29 de novembro de 2018)

Consellería de Política Social. ORDE do 19 de novembro de 2018 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería (DOG nº. 228 do 29 de novembro de 2018)

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 12 de setembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, para o ano 2018 (código de procedemento SI452A (DOG nº. 229 do 30 de novembro de 2018)

Consellería de Política Social. ORDE do 29 de novembro de 2018 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 13 de xuño de 2018 pola que se establécen as bases que rexen a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2010 e Feder Galicia 2014-2020) (DOG nº. 229 do 30 de novembro de 2018)