Normativa de Política Social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Noviembre y diciembre de 2016

16. enero 2017 Normativa

Recogemos para su consulta una selección de normas relacionadas con las políticas sociales y publicadas en el DOG a lo largo de los meses de noviembre y diciembre de 2016

Real decreto 423/2016, do 11 de novembro, polo que se nomea presidente da Xunta de Galicia a Alberto Núñez Feijóo. (DOG nº 216, do 12.11.2016).

Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia. (DOG nº 217, do 14.11.2016).

Decreto 148/2016, do 13 de novembro, polo que se nomean os titulares dos departamentos da Xunta de Galicia. (DOG nº 217, do 14.11.2016).

Orde do 25 de novembro de 2016 pola que se modifica a Orde do 8 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal a persoas con discapacidade. (DOG nº 228, do 29.11.2016).

Orde do 1 de decembro de 2016 pola que se modifica a Orde do 12 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións que desenvolverán as corporacións locais para a posta en marcha de programas de axudas económicas a familias con menores a cargo para a compensación dos seus gastos farmacéuticos, e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017. (DOG nº 232, do 05.12.2016).

Resolución do 22 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 20 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións destinadas a confederacións, federacións e entidades de iniciativa social, non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017. (DOG nº 232, do 05.12.2016).

Orde do 1 de decembro de 2016 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. (DOG nº 233, do 07.12.2016).

Orde do 1 de decembro de 2016 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 20 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e do Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. (DOG nº 233, do 07.12.2016).

Orde do 1 de decembro de 2016 pola que fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 1 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. (DOG nº 233, do 07.12.2016).

Resolución do 1 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 5 de abril de 2016 pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. (DOG nº 235, do 12.12.2016).

Resolución do 29 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2017, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 235, do 12.12.2016 e correccións de erros no DOG nº240, do 19.12.2016 e no DOG nº249 do 30.12.2016).

Orde do 19 de decembro de 2016 pola que se fai pública a modificación e ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 9 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención plurianual do custo salarial para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia e se procede á súa convocatoria para o período do 1 de xullo de 2016 ao 30 de xuño de 2017, dentro do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego. (DOG nº 242, do 21.12.2016).

Orde do 19 de decembro de 2016 pola que se fai pública a modificación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 20 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e do Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. (DOG nº 244, do 23.12.2016).

Orde do 19 de decembro de 2016 pola que fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 1 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. (DOG nº 244, do 23.12.2016).

Orde do 21 de decembro de 2016 pola que se fai público o incremento do importe das axudas previstas na Orde do 31 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2016. (DOG nº 245, do 26.12.2016).

Resolución do 13 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 30 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 245, do 26.12.2016).

Decreto 188/2016, do 22 de decembro, polo que se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2017. (DOG nº 249, do 30.12.2016).

Decreto 189/2016, do 29 de decembro, polo que se regulan as condicións da prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017. (DOG nº 249, do 30.12.2016).

Decreto 190/2016, do 22 de decembro, polo que se establecen axudas sociais de carácter extraordinario, a favor de pensionistas de xubilación e invalidez, na súa modalidade non contributiva, a favor de persoas perceptoras das pensións do fondo de asistencia social e das persoas beneficiarias do subsidio de garantía de ingresos mínimos. (DOG nº 249, do 30.12.2016).

Orde do 23 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados no ano 2017 e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 249, do 30.12.2016).

Extracto da Orde do 23 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados no ano 2017 e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 249, do 30.12.2016).

 


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.