Normativa de Política Social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Enero 2018

02. febrero 2018 Normativa

Recogemos para su consulta una selección de normas relacionadas con las políticas sociales y publicadas en el DOG a lo largo del mes de enero de 2018

Resolución do 12 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convoca para o ano 2018 a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo. (DOG nº 1, do 02.01.2018).

Resolución do 12 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018. (DOG nº 1, do 02.01.2018).

Orde do 5 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018. (DOG nº 1, do 02.01.2018).

Orde do 24 de novembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2017/18. (DOG nº 1, do 02.01.2018).

Orde do 28 de decembro de 2017 pola que se modifica a Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. (DOG nº 3, do 04.01.2018).

Orde do 19 de decembro de 2017 pola que se declara de utilidade pública a Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade da Provincia da Coruña. (DOG nº 4, do 05.01.2018).

Resolución do 5 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento SI437A). (DOG nº 5, do 08.01.2018).

Resolución do 21 de decembro de 2017 pola que se dá publicidade da modificación e prórroga, polo prazo dun ano, da encomenda ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da execución dun servizo de transporte aos centros públicos competencia desta consellería. (DOG nº 5, do 08.01.2018).

Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 6, do 09.01.2018).

Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan rehaVIta, Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se convocan para o ano 2018, con financiamento plurianual. (DOG nº 7, do 10.01.2018).

Orde do 12 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga) e se aproba a súa convocatoria para o ano 2018. (DOG nº 9, do 12.01.2018).

Resolución do 19 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se convocan para o ano 2018. (DOG nº 10, do 15.01.2018).

Resolución do 29 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 31 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións destinadas a confederacións, federacións e ás entidades de iniciativa social, non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018. (DOG nº 13, do 18.01.2018).

Orde do 2 de xaneiro de 2018 pola que se declara de utilidade pública a Asociación Xuvenil Amencer. (DOG nº 14, do 19.01.2018).

Decreto 4/2018, do 11 de xaneiro, polo que se crea a Comisión Organizadora do Xacobeo 2021. (DOG nº 15, do 22.01.2018).

Resolución do 29 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (SI435B, SI435A, SI427B). (DOG nº 15, do 22.01.2018).

Resolución do 27 de decembro de 2017 pola que se procede á convocatoria pública da axuda, en réxime de concorrencia non competitiva, ás persoas inquilinas afectadas por execucións hipotecarias das vivendas arrendadas, no marco do Programa Aluga, no exercicio 2018. (DOG nº 15, do 22.01.2018).

Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social e se convocan para o ano 2018. (DOG nº 16, do 23.01.2018).

Extracto da Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social e se convocan para o ano 2018. (DOG nº 16, do 23.01.2018).

Decreto 134/2017, do 7 de decembro, polo que se modifica o Decreto 269/2008, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia. (DOG nº 17, do 24.01.2018).

Resolución do 29 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (SI427A). (DOG nº 18, do 25.01.2018).

Resolución do 4 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Inclusión Social, pola que se procede á publicación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas en virtude da Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social e de programas que desenvolverán as corporacións locais para a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2017-2018, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e Fondo Social Europeo 2014-2020. (DOG nº 18, do 25.01.2018).

Resolución do 4 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Inclusión Social, pola que se procede á publicación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas para o investimento en centros de inclusión en virtude da Orde do 12 de maio de 2017 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional). (DOG nº 18, do 25.01.2018).

Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018 (código de procedemento BS410A). (DOG nº 22, do 31.01.2018).

Extracto da Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018 (código de procedemento BS410A). (DOG nº 22, do 31.01.2018).


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.