Normativa de Política Social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Enero, 2019
Recogemos para su consulta una selección de normas de ámbito social publicadas en el DOG en enero de 2019
Normativa DOG. Enero, 2019
Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade á resolución de concesión das axudas da Consellería de Política Social para a promoción da autonomía persoal de persoas con discapacidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (DOG núm. 3, do 04.01.2019)
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. ORDE do 18 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020 (DOG núm. 4, do 07.01.2019)
Consellería de Política Social. ORDE do 20 de decembro de 2018 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada mediante a Orde do 18 de outubro de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 209, do 2 de novembro) (DOG núm. 4, do 07.01.2019)
Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2018 pola que se publica a Resolución do 23 de novembro de 2018 das axudas convocadas na Orde do 27 de xuño de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes de corporacións locais, e se convocan para o 2018 (cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014 -2020) (DOG núm. 5, do 08.01.2019)
Consellería de Política Social. ORDE do 20 de decembro de 2018 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería (DOG núm. 5, do 08.01.2019)
Consellería de Economía, Emprego e Industria. ORDE do 12 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga) e se aproba a súa convocatoria para o ano 2019 (DOG núm. 6, do 09.01.2019)
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG núm. 7, do 10.01.2019)
Instituto Galego da Vivenda e Solo. RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2018 pola que convocan para o ano 2019, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020 (DOG núm. 7, do 10.01.2019)
Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 31 de decembro de 2018 respecto das axudas destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, ao abeiro da Orde do 12 de setembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado por esta consellería (DOG núm. 9, do 14.01.2019)
Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2018 pola que se convoca o procedemento de selección de entidades privadas sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra (DOG núm. 10, do 15.01.2019)
Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2018 pola que se convoca o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores nos centros para o cumprimento de medidas xudiciais privativas de liberdade do complexo Montealegre (Ourense) (DOG núm. 10, do 15.01.2019) (Corrección de erros en DOG núm. 16, do 23.01.2019)
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. CORRECCIÓN DE ERROS. Extracto da Resolución do 17 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero) (DOG núm. 11, do 16.01.2019)
Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 28 de novembro de 2018 pola que se finaliza o procedemento BS614A de concesión de subvencións destinadas a confederacións, federacións e ás entidades de iniciativa social non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2018 e 2019, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (DOG núm. 11, do 16.01.2019)
Consellería de Política Social. ORDE do 19 de novembro de 2018 pola que se regula o procedemento de obtención das habilitacións para profesionais pertencentes ás categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a persoal nos centros e servizos sociais do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 12, do 17.01.2019)
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de subvencións ao abeiro da Resolución do 12 de setembro de 2018 destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF, para o ano 2018 (SI452A) (DOG núm. 14, do 21.01.2019)
Consellería de Economía, Emprego e Industria. RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o esgotamento de crédito orzamentario da Orde do 27 de marzo de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras dun programa a prol da contratación e formación das persoas mozas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG núm. 17, do 24.01.2019)
Consellería de Política Social. DECRETO 4/2019, do 24 de xaneiro, polo que se dispón que cese Francisco Javier Abad Pardo como secretario xeral técnico da Consellería de Política Social (DOG núm. 18, do 25.01.2019)
Consellería de Política Social. DECRETO 5/2019, do 24 de xaneiro, polo que se nomea secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social a María Francisca Gómez Santos (DOG núm. 18, do 25.01.2019)
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento SI427A) (DOG núm. 18, do 25.01.2019)
Consellería de Política Social. ORDE do 28 de decembro de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG núm. 22, do 31.01.2019)