Escala AUTODDIS: evaluación de la autodeterminación de jóvenes y adultos con discapacidad intelectual. Manual de aplicación y corrección

22. Abril 2021 Alertas

A autodeterminación é unha das variables que determina, en parte, a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e a súa avaliación resulta fundamental para a posta en marcha de plans de intervención específicos.


Verdugo, M.A., et al., Escala AUTODDIS: evaluación de la autodeterminación de jóvenes y adultos con discapacidad intelectual. Manual de aplicación y corrección. Serie: Herramientas n. 17/2021, Salamanca, Instituto Universitario de Integración en la Comunidad, 2021, 86 p.

A autodeterminación é unha das variables que determina, en parte, a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e a súa avaliación resulta fundamental á hora de dispoñer de información de utilidade para o deseño e posta en marcha de plans de intervención específicos. Este manual pretende dar a coñecer e mostrar a forma de implementar unha nova ferramenta de avaliación da autodeterminación de mozos (a partir de 11 anos) e adultos (ata 40 anos) con discapacidade intelectual, froito dun proxecto de investigación desenvolvido desde a Universidade de Zaragoza, en colaboración co Instituto Universitario de Integración na Comunidade ( INICO) da Universidade de Salamanca. Con este novo instrumento supéranse as limitacións das ferramentas que existían ata o momento dado que se desenvolve a partir do modelo teórico de autodeterminación máis actual; o rango de idade vai máis aló dos 21 anos; e está deseñado en formato heteroinforme, realizándose a avaliación a partir da información proporcionada por un observador externo e próximo á persoa, de forma que pode utilizarse mesmo coas persoas con maiores necesidades de apoio.

https://sid-inico.usal.es/wp-content/uploads/2021/02/Herramienas-17-2021-Escala-AUTODDIS-COMPLETO.pdf