Estatística de Protección de Menores, 2021 : operación estatística 2506-02-OE05
Xa se poden consultar os datos estatísticos de protección de menores de 2021 segundo o establecido no Programa estatístico anual do Instituto Galego de Estatística publicado no Decreto 2/2022, do 13 de xaneiro, polo que se se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2022 (DOG nº 13, do 20.01.2022)
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Estatística de Protección de Menores, 2021 : operación estatística 2506-02-OE05. – Santiago de Compostela : Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, 2022. – 33 p. – ISSN1889-8025
Publicación anual con información estatística sobre menores en situación de desprotección e sobre adopcións en 2021. Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente: nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.