Estatística de Protección de Menores, 2022: operación estatística 2506-02-OE06

Xa se poden consultar os datos estatísticos de protección de menores de 2022 segundo o establecido no Programa estatístico anual do Instituto Galego de Estatística publicado no Decreto 224/2022, do 29 de decembro, polo que se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2023 (DOG nº 11, do 17.01.2023).

Galicia, Xunta. Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Estatística de Protección de Menores, 2022 : operación estatística 2506-02-OE06. – Santiago de Compostela:  Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, 2022. – 33 p. – ISSN1889-8025

Publicación anual con información estatística sobre menores en situación de desprotección e sobre adopcións en 2022. Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente: nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.

estatistica_menores_2022.pdf (xunta.gal)


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará