Estatísticas de Política Social. Censo de persoas con discapacidade
Nos seguintes enlaces poderá acceder aos datos estatísticos do Censo de persoas con discapacidade 2016.
O censo de persoas con discapacidade de Galicia refírese ao conxunto de persoas que teñen recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Serve de instrumento de planificación para elaborar as políticas de intervención na área da discapacidade.
A través deste censo pódese obter a seguinte información: tipo de discapacidade, física, psíquica e/ou sensorial; tipoloxías de diagnóstico por cada grupo de discapacidade (distribuídas en 21 diagnósticos); distribución territorial da poboación con discapacidade; a estrutura de idade desa poboación; a súa distribución por sexo ou por grao de discapacidade, etc.