Estrategia en enfermedades neurodegenerativas del Sistema nacional de salud
O Siis, Centro de Documentación e Estudos da Fundación Eguía Careaga infórmanos da seguinte novidade bibliográfica
Estrategia en Enfermedades Neurodegenerativas del Sistema Nacional de Salud. Madrid, Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, 2016, 171 p.
As enfermidades neurodexenerativas teñen cada vez maior incidencia debido ao envellecemento da poboación e constitúen un problema de gran magnitude, que require de distintas actuacións nos distintos ámbitos do Sistema sanitario e social. Esta Estratexia, aprobada polo Consello Interterritorial do Sistema nacional de saúde o 13 de abril de 2016, constitúe un documento marco para o desenvolvemento de plans e programas autonómicos, e concíbese como instrumento para dar resposta aos problemas que representan estas enfermidades. A primeira liña de actuación fai referencia á prevención da enfermidade e á mellora do diagnóstico precoz; en segundo lugar, o documento trata a atención das persoas con estas enfermidades e determina que as comunidades autónomas elaboren plans que integren a atención social e a sanitaria; por outra parte, hai que destacar que se fai especial fincapé no benestar dos coidadores, mediante o establecemento de programas de respiro que permitan o seu descanso e programas de apoio emocional, como accións formativas de autocoidado (manexo do estrés, relaxación, etc.). Outras liñas estratéxicas abordadas son a sensibilización sobre as enfermidades neurodexenerativas para minorar o estigma, a formación de profesionais e o fomento da investigación en liñas como estudos epidemiolóxicos, factores de risco, novas terapias farmacolóxicas ou tratamentos non-farmacolóxicos. Trátase dun instrumento de utilidade para a mellora da atención integral das persoas afectadas por estas enfermidades, así como dos seus coidadores e familiares.