Estrategia Española sobre Discapacidad 2022-2030 para el acceso, goce y disfrute de los derechos humanos de las personas con discapacidad. Aprobada por Consejo de Ministros de 3 de mayo de 2022

30. Novembro 2022 Alertas

O Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 presenta esta estratexia como unha folla para que o Estado español, a través das súas administracións e poderes públicos, contribúa a facer efectivos os dereitos humanos das persoas con discapacidade e das súas familias


Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030, Estrategia Española sobre Discapacidad 2022-2030 para el acceso, goce y disfrute de los derechos humanos de las personas con discapacidad. Aprobada por Consejo de Ministros de 3 de mayo de 2022. Madrid, Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030, 2022, 157 p.

O Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 presenta a Estratexia española sobre discapacidade 2022-2030, concibida como unha folla de roteiro ambicioso e posibilista, para que o Estado español, a través das súas administracións e poderes públicos, contribúa a facer efectivos os dereitos humanos das persoas con discapacidade e das súas familias. Con esta Estratexia, España segue o ronsel da Unión Europea, que acaba de adoptar un marco similar para o período 2021-2030. Dúas ferramentas que converterán a inclusión nunha política comunitaria pero tamén nunha política de estado.

Esta Estratexia, como nos marca a Axenda 2030, concíbese desde un enfoque interseccional e con perspectiva de xénero, para saldar unha débeda coas mulleres e nenas con discapacidade. Tamén dará resposta a outros desafíos transversais como a emerxencia climática e o reto demográfico. Asimesmo, a Estratexia está coa España dos pobos, das aldeas e do campo onde tamén residen persoas con discapacidade, ás que hai que escoitar e acompañar.

Estrategia Española sobre Discapacidad 2022-2030