Estratexia galega sobre discapacidade, 2015-2020. Versión en lectura fácil

Presentamos esta nova versión en lectura fácil da Estratexia galega sobre discapacidade, 2015-2020 adaptada por Fademga Plena inclusión Galicia.

Estratexia galega sobre discapacidade, 2015-2020. Versión en lectura fácil / Resumo: Retnova Consultora ; Adaptación: Fademga Plena inclusión Galicia ; Validación dos textos por usuarios da asociación ASPAS de Santiago de Compostela. 55 p.

A adaptación da Estratexia galega sobre discapacidade está dirixida a persoas con discapacidade intelectual e ten como obxectivo principal facer máis comprensible o texto a un determinado grupo de persoas usuarias. Debido a iso, a linguaxe, a tipografía, os cadros aclaratorios, a maquetación, etc. validáronos persoas usuarias dunha asociación de discapacitados de Santiago de Compostela, nun intento de facilitar e mellorar a vida destas persoas e a das súas familias.

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/estratexia_discapacidade_facil_lectura.pdf

 

Etiquetas