Estructuras para la gestión del conocimiento y la garantía de la calidad en materia de atención a la dependencia
Este informe permite garantir a calidade da atención nos centros e servizos para persoas con discapacidade ou en situación de dependencia, así como mellorar os mecanismos para a xestión do coñecemento neste ámbito. .
SIIS Servicio de Información e Investigación Social, Estructuras para la gestión del conocimiento y la garantía de la calidad en materia de atención a la dependencia. Valladolid, Gerencia de Servicios Sociales de Castilla y León, Junta de Castilla y León, 2020, 92 p.
A maior parte dos países da nosa contorna contan con organismos –nalgúns casos públicos, noutros privados e noutros mixtos− que asumen funcións relativas á autorización, o rexistro, a acreditación, a inspección, a estandarización e/ou a avaliación dos servizos de atención á dependencia. Estes organismos asumen tamén funcións relativas á investigación, a innovación, a difusión de información, a formación e outras tarefas relacionadas coa xestión do coñecemento nese campo.
Cabe destacar neses sentido organismos e entidades tales como o Care Inspectorate escocés, a Care Quality Commision inglesa, o Socialtyrelsen sueco, a Alta Autoridade de Saúde francesa ou a Federación de Seguros de Enfermidade alemá, así como o Social Care Institute for Excellence ou o National Institute for Health and Social Care, tamén no Reino Unido. Trátase en todos os casos de centros tractores, que mediante a súa actividade impulsan a xestión do coñecemento e a mellora da calidade na prestación de servizos sociais e/ou de atención á dependencia.
Este informe enmárcase no convenio subscrito en novembro de 2020 entre a Xerencia de Servizos Sociais de Castela e León e a Fundación Eguía Careaga para o deseño dunha estrutura organizativa que permita garantir a calidade da atención nos centros e servizos para persoas con discapacidade ou en situación de dependencia, así como mellorar os mecanismos para a xestión do coñecemento neste ámbito. Máis concretamente, o obxectivo do proceso de traballo no que se enmarca este informe é o de elaborar −a partir da experiencia dos centros sinalados e doutros de similares características− unha proposta técnica para a creación en Castela e León dunha plataforma, rede ou organismo similar aos citados anteriormente e para a adaptación do marco normativo actualmente vixente ás funcións que se atribúan a ese organismo.