Estudio sobre el impacto económico y social asociado a un modelo de vivienda inclusiva desde la perspectiva de los usuarios con discapacidad intelectual

03. Novembro 2021 Alertas

Este estudo achega evidencias que xustifican a necesidade de levar a cabo un verdadeiro cambio dun modelo de servizos asistenciais a un modelo de vivenda inclusiva e vida en comunidade. Outro obxectivo é o de visibilizar os beneficios sociais que achega o desenvolvemento deste tipo de vivenda e a necesidade de apoio económico para continuar o fomento destas iniciativas a través de investimento público.


Cantarero, D., et al., Estudio sobre el impacto económico y social asociado a un modelo de vivienda inclusiva desde la perspectiva de los usuarios con discapacidad intelectual. Madrid, Real Patronato sobre Discapacidad, 2020, 90 p.

Actualmente, tal e como se indica neste informe, segue resultando necesario achegar evidencias que xustifiquen a necesidade e oportunidade de levar a cabo un verdadeiro cambio dun modelo de servizos asistenciais a un modelo de vivenda inclusiva e vida en comunidade. Neste sentido, e para contribuír a lograr a devandita evolución, realizouse este estudo de retorno social do investimento (Social Return of Investment, SROI polas súas siglas en inglés) dos usuarios con discapacidade intelectual de modelos de vivenda inclusiva en comparación con modelos residenciais aínda existentes e habituais para a vida deste colectivo. Con el preténdese ademais visibilizar os beneficios sociais que achega o desenvolvemento deste tipo de vivenda e poñer de manifesto a necesidade de apoio económico para continuar o fomento destas iniciativas a través de investimento público para seguir o camiño de inclusión social que comezou a desenvolverse.

Os resultados da investigación mostran que por cada euro (1€) que se inviste no modelo de vivenda inclusiva para usuarios con discapacidade intelectual, se consegue devolver á sociedade, en termos de valor social e económico, un total de 3,21€. A análise realizada mostra que moitas persoas deste colectivo desexan vivir en modelos de vivenda inclusivos e que isto redunda tanto en maiores beneficios para elas como para a sociedade en termos de rendibilidade. Outro aspecto para destacar entre as conclusións é que é necesario lograr flexibilizar o financiamento deste tipo de vivendas e os apoios que as persoas reciben, para o que resulta fundamental o respaldo da Administración. Por último, expóñense no documento diferentes propostas e recomendacións para deseñar e impulsar as políticas públicas dirixidas ás persoas con discapacidade intelectual, así como para poder acometer unha planificación estratéxica óptima dos recursos dispoñibles

https://www.siis.net/documentos/ficha/560589.pdf