Execución de medidas xudiciais previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores: Memoria 2017

Xa se pode acceder ao PDF da nova publicación elaborada polo Servizo de Xustiza Penal Xuvenil  desta consellería, con datos correspondentes a 2017.


Galicia, Xunta, Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Servizo de Xustiza Penal Xuvenil. Execución de medidas xudiciais previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores: Memoria 2017. Santiago de Compostela : Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, 2018. 71 p.

A Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro (LORPM) pon o acento nas funcións rehabilitadoras e reeducadoras e establece un catálogo de medidas de natureza sancionadora-educativa que, baseadas no superior interese da persoa menor, perseguen a integración e a reinserción social dos menores que delinquen. Esta memoria recolle os datos estatísticos de execución relativos ao ano 2017 e preséntase dividida en catro bloques: medidas notificadas, medidas en execución, medidas pendentes de execución e datos sobre as persoas menores que estiveron executando medidas.

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/memoria_medidas_xudiciais_2017.pdf