Execución de medidas xudiciais previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores: Memoria 2020
Xa se pode consultar a información estatística cos datos de 2020 sobre a execución das medidas ditadas polos xulgados de menores, nos termos establecidos na Lei orgánica 5/2000 do 12 de xaneiro.
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social. — Execución de medidas xudiciais previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores: Memoria 2020. Santiago de Compostela, Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, 2021. 71 p.
Esta actividade estatística denominada 2511-03-OE05 Estatística de execución de medidas xudiciais impostas a menores está integrada no Programa estatístico anual do Instituto Galego de Estatística publicado no Decreto 227/2020, do 23 de decembro (DOG nº 261, do 30.12.2020)
A Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro (LORPM) pon o acento nas funcións rehabilitadoras e reeducadoras e establece un catálogo de medidas de natureza sancionadora-educativa que, baseado no superior interese da persoa menor, perseguen a integración e a reinserción social dos menores que delinquen.
Estas táboas recollen os datos estatísticos de execución relativos ao ano 2020 e preséntanse divididas en catro bloques: medidas notificadas, medidas en execución, medidas pendentes de execución e datos sobre as persoas menores que estiveron executando medidas.
O obxectivo que persegue é coñecer as magnitudes e principais características das medidas xudiciais impostas a menores no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.