Fundaciones tutelares: una alternativa para favorecer la protección jurídica de las personas con Trastorno del Espectro Autismo

11. Abril 2018 Alertas

A Confederación Autismo España publica este documento sobre a protección xurídica das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) na súa etapa adulta


Vidriales, R., et al., Fundaciones tutelares: una alternativa para favorecer la protección jurídica de las personas con Trastorno del Espectro Autismo. Serie: Envejecimiento activo, Madrid, Confederación Autismo España, 2017, 140 p.  ISBN 978-84-697-7529-5. Depósito Legal M-32996-2017

Tomando como referencia os resultados do estudo de investigación ‘Envellecemento e Trastorno do Espectro do Autismo ( TEA), unha etapa vital invisible’, a través do cal se identifican as principais demandas de información por parte de profesionais, familiares e persoas con trastorno do espectro do autismo, Autismo España publica este documento sobre os principios e dereitos que establece a Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade en relación á protección xurídica das persoas con TEA na súa etapa adulta. Na publicación recóllense as principais medidas xudiciais de protección para as persoas con necesidades de apoio, principalmente, das fundacións tutelares, así como os requisitos necesarios para a súa constitución, proporcionando información de interese para as entidades ou particulares que teñan intención de poñer en marcha recursos deste tipo.

http://www.autismo.org.es/sites/default/files/fundacionestutelares_coleccion_envejecimiento.pdf