BdB. Boletín de Benestar : Boletín Informativo de Política Social. Nº 6 (Xaneiro-Febreiro, 2017)

 Xa se pode consultar o novo número do BdB (nº 6, Xaneiro-Febreiro, 2017)) elaborado  pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Consellería

BdB. Boletín de Benestar : Boletín Informativo de Política Social. Nº 6 (Xaneiro-Febriro, 2017) / elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas. Edita: Consellería de Política Social, Secretaría Xeral Técnica, Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, Sección de Publicacións e Estatísticas, 2017. 47 p.

Con este novo número, o primeiro do ano 2017, celebramos o primeiro aniversario do boletín. Este ano transcorrido serviu para dar boa conta do labor diario desenvolvido por esta consellería en todos os sectores que lle afectan.

Un aspecto que merece a nosa consideración é valorar a importancia do uso e utilización das novas tecnoloxías para o acceso a recursos de información relacionados con esta área e a súa posta á disposición dos nosos lectores.

As ferramentas informativas coas que conta a institución facilitan e permiten o acceso a estes recursos a través das páxinas web da Consellería e outras ferramentas documentais como son o blog de Alertas e publicacións, o menú de Estatísticas elaboradas pola institución ou, mesmo, a edición deste boletín: a través destes medios damos información puntual e actualizada desta institución e daquelas institucións e/ou organizacións dedicadas a realizar un labor social que serven de orientación e guía aos responsables de confeccionar as políticas sociais.: as ong, fundacións, organismos da Administración, asociacións e entidades sociais sen ánimo de lucro, redes sociais, blogs e un largo etc. que dedican o seu labor a facilitar a vida dos máis desfavorecidos.

Outro aspecto importante é o de informar e dar a coñecer aquelas publicacións seriadas, informes, memorias, anuarios, etc. de temas sociais e de carácter divulgativo ou científico segundo os casos.

Tamén informamos sobre a oferta e a organización de cursos, congresos, xornadas, máster, etc. porque consideramos importante a formación de todos os profesionais relacionados co traballo social.

É unha realidade que o éxito dunha organización se debe en gran medida á capacidade e éxito do seu nivel comunicativo. De aí, a importancia do desenvolvemento dun labor documental e informativo que nos permita dar a coñecer aqueles recursos de información susceptibles de interese. Esperemos que neste primeiro ano da edición deste boletín teñamos contribuído á consecución deste propósito.

https://libraria.xunta.gal/gl/bdb-boletin-de-benestar-boletin-informativo-de-politica-social-no-6-xaneiro-febreiro-2017

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará