BdB. Boletín de Benestar : Boletín Informativo de Política Social. Nº 7 (Marzo-Abril, 2017)

Xa se pode consultar o nº 7 do BdB. Boletín de Benestar : Boletín Informativo de Política Social, centrado nas políticas de Xuventude levadas a cabo por esta consellería.

BdB. Boletín de Benestar : Boletín Informativo de Política Social, nº 7 (Marzo-Abril de 2017). Santiago de Compostela: Consellería de Política social, Secretaría Xeral Técnica, Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, Sección de Publicacións e Estatísticas, 48 p. : il. cor ; 30 x 21 cm

Este novo número do boletín pon o acento nas políticas de Xuventude marcadas polo desenvolvemento da Campaña de Verán que anualmente desenvolve esta consellería, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Baixo o lema “O teu verán colle nunha mochila”, a consellería ofrece un completo programa de actividades de carácter cultural, ambiental, deportivo, de fomento do voluntariado, etc. A organización de campamentos en Galicia para nenos de 9 a 18 anos, os intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas, os campos de traballo no estranxeiro e as actividades para maiores de 18 anos conforman o programa desta nova convocatoria. Este departamento pretende ademais favorecer a inclusión social, a interacción e a convivencia da nosa mocidade abrindo esta oferta a persoas discapacitadas e menores en situación de garda ou tutela administrativa.

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/bdb_07_2017.pdf