Buenas prácticas inclusivas en la formación y capacitación de jóvenes con discapacidad, 2019

28. Marzo 2020 Alertas

Como parte do convenio de colaboración entre Red.es e a Fundación Vodafone, levouse a cabo este estudo sobre “Boas prácticas inclusivas na formación e capacitación das persoas con discapacidade”


Buenas prácticas inclusivas en la formación y capacitación de jóvenes con discapacidad 2019 /  ONTSI y Fundación Vodafone España, 2019. 95 p. – (Colección Sociedad Digital)

Como parte do convenio de colaboración entre Red.es e a Fundación Vodafone, levouse a cabo un estudo sobre “Boas prácticas inclusivas na formación e capacitación das persoas con discapacidade”. Os obxectivos foron:
• Identificar a inclusión dos nenos e nenas con discapacidade na escola.
• Analizar o papel da tecnoloxía na formación e capacitación do alumnado con ou sen discapacidade.
• Avaliar os principais problemas e oportunidades xurdidas no proceso.
• Analizar a incidencia da tecnoloxía nunha maior inclusión das persoas con discapacidade.
• Recoller as mellores prácticas para estender esas aprendizaxes.
A partir de 14 reunións (9 con asociacións e organizacións representantes de diferentes tipos de discapacidade e 5 con centros educativos) obtéñense resultados estruturados en tres grandes bloques:
• A educación nos nenos e nenas con discapacidade.
• Recursos tecnolóxicos na escola.
• Profundización no concepto “centros educativos conectados”.
Segundo as aprendizaxes extraídas das reunións con expertos e expertas en educación, pódese establecer un guion de boas prácticas para a inclusión dos alumnos/ as con discapacidade na escola e a forma de uso da tecnoloxía:
• Traballar os mesmos obxectivos curriculares con todos os alumnos/ as da aula, adaptando os contidos nos casos necesarios. A tecnoloxía é un apoio que permite adecuar a información e os contidos.
• Propiciar o traballo colaborativo e participativo dos alumnos/ as a través da formación de pequenos grupos de traballo.
• Traballar a adquisición de autonomía do alumno/a tanto por parte do docente, como por parte das familias. Autonomía entendida desde todos os ámbitos: ser independente á hora de manexar tecnoloxía, relacionarse coa contorna…
• Educar ao alumno/a para o manexo e a adaptación das ferramentas ás súas propias necesidades.
• Coñecer o funcionamento e uso de ferramentas técnicas específicas para as diferentes discapacidades.
• Establecer unha relación continua cos técnicos especialistas nas discapacidades para apoiarse e coordinarse mutuamente en pautas de actuación, obxectivos que se deben abordar e uso da tecnoloxía específica.
• Xerar foros e espazos comúns entre profesionais para a posta en común de experiencias de éxito: metodoloxías, materiais, tecnoloxías…
• Implicar ás familias na aprendizaxe de novas tecnoloxías.
O estudo recoñece, finalmente, o importante papel que a tecnoloxía xogou e xogará para que o alumnado con discapacidade comezase a alcanzar niveis superiores na educación.

https://www.ontsi.red.es/sites/ontsi/files/2020-03/BuenasPracticasInclusivasJovenesDiscapacidad.pdf