COVID-19 y discapacidades intelectuales y del desarrollo: impacto del confinamiento desde la perspectiva de las personas, sus familiares y los profesionales y organizaciones que prestan apoyo

28. Xaneiro 2021 Alertas

A variedade de situacións recollidas neste traballo permite ofrecer unha imaxe bastante completa de como a COVID-19 e o período de confinamento impactaron na vida das persoas con discapacidades intelectuais e do desenvolvemento, as súas familias, e as organizacións e profesionais que lles prestaban apoio.


Navas, P., Verdugo, M. A., Amor, A. M., Crespo, M. y Martínez, S. (2020). COVID-19 y discapacidades intelectuales y del desarrollo: impacto del confinamiento desde la perspectiva de las personas, sus familiares y los profesionales y organizaciones que prestan apoyo. Plena inclusión España e Instituto Universitario de Integración en la Comunidad (INICO), Universidad de Salamanca. 193 p.

Neste estudo participaron case 1.500 persoas: 582 persoas con discapacidades intelectuais e do desenvolvemento, 323 familiares e/ou titores legais, 495 profesionais e 75 responsables ou xerentes de centros e servizos. Grazas á súa participación e testemuño, este informe recolle unha gran variedade de situacións que permiten abordar diferentes realidades: cóntase con familias que pasaron o confinamento co seu familiar e que estiveron separadas del ou dela por residir nun centro residencial; con persoas con discapacidades intelectuais e do desenvolvemento en distintos rangos de idade, o que permite analizar polo miúdo contextos característicos de distintas etapas da vida das persoas, como é o educativo; púidose recoller a realidade das persoas con discapacidades intelectuais e do desenvolvemento residindo en centros e a daquelas con necesidades de apoio máis extensas; os profesionais que contestaron atopábanse en diferentes situacións laborais: teletraballando, en situación de ERTE/ despedimento ou desenvolvendo o seu traballo de maneira presencial.

https://www.siis.net/es/documentacion/catalogo/Record/558783? utm_source=Boletines+de+actualidad+SIIS&utm_campaign=9bc2d9f734-boletin_siis&utm_medium=email&utm_term=0_17e0500026-9bc2d9f734-315103205