Donde todo empieza. Educación infantil de 0 a 3 años para igualar oportunidades

18. Outubro 2019 Alertas

Este informe demostra que é fundamental acabar coa gran brecha social e territorial no acceso a esta etapa de escolarización, para previr o fracaso e o abandono escolar, así como para reducir desigualdades.


Ferrer, A., Donde todo empieza. Educación infantil de 0 a 3 años para igualar oportunidades. Madrid, Save the Children, 2019, 168 p.

Está demostrada a importancia que teñen os primeiros anos de vida nun neno ou nena. Varios estudos confirmaron que as fases máis temperás da vida dunha persoa son as máis cruciais para desenvolverse de maneira satisfactoria. A educación dos primeiros anos de vida fixa os cimentos do desenvolvemento educativo, e cada día conta. A pesar de que a escolarización no primeiro ciclo da educación infantil en España duplicouse durante os últimos 10 anos (dun 17,8% en 2007 ao 36,4% en 2017), a día de hoxe máis de 6 de cada 10 nenos e nenas non teñen acceso ao primeiro ciclo da escola infantil. Estamos a falar de 806.167 menores sen escolarizar. Este informe demostra que é fundamental acabar coa gran brecha social e territorial no acceso a esta etapa de escolarización, para previr o fracaso e o abandono escolar, así como para reducir desigualdades.