Ejercicio de derechos y deberes de las personas mayores en la vida cotidiana. Guía para profesionales de residencias y centros de día

23. Abril 2021 Alertas

Esta guía ten como obxectivo ofrecer un conxunto de ferramentas e metodoloxías que resulten de utilidade aos equipos profesionais que traballan en residencias e outros centros de persoas maiores.


Rodríguez, P., et al. (ed., coord.), Ejercicio de derechos y deberes de las personas mayores en la vida cotidiana. Guía para profesionales de residencias y centros de día. Serie: Guías de la Fundación Pilares para la Autonomía Personal n. 7, Madrid, Fundación Pilares, 2021, 254 p.

Contextualízase esta publicación nunha ampla liña de investigación-acción da Fundación Pilares sobre o enfoque de dereitos e o modelo de Atención Integral e Centrada na Persoa ( AICP). O seu obxectivo xeral é ofrecer un conxunto de ferramentas e metodoloxías que resulten de utilidade aos equipos profesionais que traballan en residencias e outros centros de persoas maiores para promover o exercicio dos seus dereitos e deberes na vida cotiá e manter a súa dignidade.

Son obxectivos específicos desta guía: – Apoiar que as e os profesionais reflexionen e perciban nas súas actuacións cotiás que, cando e como se produce unha vulneración de dereitos, moitas veces sen reparar niso e guiados desde a boa intención. – Avanzar na necesidade de que, tanto individualmente como en reunións de equipo, se analice a relevancia que adquire, desde unha correcta praxe profesional, o recoñecemento e a obrigación do respecto pola dignidade, os dereitos e a esixencia dos deberes das persoas maiores, realizando as adaptacións necesarias para axustalas ás características de cada unha delas, en especial, ás persoas con demencia.– Dotar as persoas que integran os equipos dos centros de estratexias e instrumentos que lles axude, desde a súa propia actuación profesional, a tomar conciencia da relevancia do seu papel como garantes no día a día dos centros do exercicio de dereitos e deberes das persoas maiores.

https://www.fundacionpilares.org/wp-content/uploads/2021/03/GUI%CC%81A-7_DIGITAL.pdf