Esgaen. Estratexia galega de envellecemento activo desde a innovación 2016-2020: marco de actuación para unha vida activa, saudable, independente e segura

Xa se pode consultar a Estratexia galega de envellecemento activo elaborada pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade


esgaen 2016-2020 1Esta estratexia constitúe a renovación do compromiso da Xunta de Galicia para garantir o benestar e a calidade de vida das persoas a medida que envellecen. Traballo conxunto da Administración autonómica galega e dos denominados grupos de interese (entidades prestadoras de servizos, familias, universidades, profesionais, etc.) que participan neste documento co obxectivo de conseguir un envellecemento activo e saudable en Galicia. A estratexia articúlase a través de tres liñas estratéxicas: a persoa como responsable do seu propio proceso de envellecemento; a posta en marcha de modelos innovadores de cara á construción de experiencias que favorezan un envellecemento activo e saudable e unha vida autónoma e por último a articulación dun camiño cara a un cambio de paradigma na sociedade. A estas liñas estratéxicas incorpóranse tres eixes transversais: perspectiva de xénero, o proceso de envellecemento no ámbito rural e a discapacidade. Polo tanto cada liña estratéxica analizarase dende esta tripla perspectiva como resposta á representatividade e á desigualdade de oportunidades que afectan con maior intensidade a estes colectivos.

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/esgaen_2016-2020.pdf