Estrategia de envejecimiento activo (Estrena) : Principado de Asturias 2018-2021

31. Maio 2018 Alertas

O Principado de Asturias publica, a través da Consellería de Servizos e Dereitos sociais, a Estratexia de envellecemento activo (Estrena), 2018-2021 que orientará as políticas públicas que favorezan o envellecemento activo e saudable ata o 2021


Eguren, N., et al. (coords.), Estrategia de envejecimiento activo. (Estrena) Principado de Asturias 2018-2021. Oviedo, Consejería de Servicios y Derechos Sociales del Principado de Asturias, 2018, 144 p.

A Estrategia de envejecimiento activo del Principado de Asturias (Estrena), que se presenta neste documento, orientará ata o ano 2021 as políticas destinadas a favorecer unha lonxevidade saudable, autónoma e participativa na nosa rexión, á vez que promociona este ámbito como fonte de innovación, investigación e oportunidades de desenvolvemento económico sustentable. Pretende dar resposta a unha sociedade como a asturiana, que cada vez ten maior esperanza de vida e na que o perfil social das persoas maiores está a variar notablemente respecto de décadas pasadas e busca manter o enfoque integral e innovador que a Unión Europea recoñeceu a Asturias ao outorgarlle a distinción de Sitio de Referencia en políticas de envellecemento activo. O traballo foi elaborado en liña coas recomendacións e directrices establecidas por organismos internacionais nesta materia e parte dos datos recollidos no último informe sociodemográfico elaborado polo Observatorio de Servizos Sociais do Principado ( Observass). A estratexia, dirixida a todas as persoas maiores de 55 anos, perfilouse coa colaboración de expertos da Universidade de Oviedo, mediante un proceso participativo innovador e recolle a dilatada experiencia de profesionais que desenvolven o seu labor neste ámbito, así como a das asociacións de persoas maiores que achegan un importante exemplo e unha valiosa experiencia ao conxunto da sociedade asturiana. Os resultados da investigación orientaron catro eixos de traballo, que profundan na consolidación de dereitos, na necesidade de dar voz ás persoas maiores, favorecer espazos de participación, previr a dependencia e reforzar unha vida autónoma, a construción dunha sociedade accesible, inclusiva e amigable e a procura de novas oportunidades de desenvolvemento vinculadas a este grupo de poboación.