Estrategia Nacional de Prevención y Lucha contra la Pobreza y la Exclusión Social 2019-2023

04. Abril 2019 Alertas

A Estratexia, aprobada polo Consello de Ministros do pasado 22 de marzo, ten como unha das súas metas a de combater a pobreza infantil a través de mecanismos como a posta en marcha do Ingreso Mínimo Vital (IMV) estatal para asegurar ás persoas un nivel básico de renda no seu ciclo vital.


Estrategia Nacional de Prevención y Lucha contra la Pobreza y la Exclusión Social 2019-2023. Madrid, Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social, 2019, 137 p.

https://eapn.es/ARCHIVO/documentos/noticias/1553262965_estrategia_prev_y_lucha_pobreza_2019-23.pdf

O Consello de Ministros aprobou o 22 de marzo de 2019 a Estratexia Nacional de Prevención e Loita contra a Pobreza e Exclusión Social para o período 2019-2023, en cuxa elaboración colaborou o Alto Comisionado para a loita contra a pobreza infantil. Unha das metas estratéxicas que se definen na Estratexia é a de combater a pobreza infantil. Isto débese a que a taxa de pobreza que afecta á poboación infantil é maior que a que afecta a calquera outro grupo de idade en España, e así foi durante toda a década analizada (2008-2018) no diagnóstico da Estratexia. A Estratexia presta tamén especial atención aos mozos (18-29 anos), que se xustifica non só polos seus altísimos niveis de pobreza, senón tamén por ser o grupo de idade que peor evolución sufriu desde 2008. Na Estratexia menciónase que diferentes organismos internacionais sinalaron reiteradamente que o Estado de Benestar en España ten unha capacidade limitada para reducir a pobreza infantil se o comparamos coa maior parte de países da Unión Europea. Para reverter esta situación a Estratexia recolle a necesidade dunha mellora sustantiva na protección social das familias con menores a cargo. Neste sentido exponse como desafío, entre outros, a posta en marcha progresiva dun Ingreso Mínimo Vital ( IMV) estatal que asegure ás persoas un nivel básico de renda ao longo do ciclo vital, comezando nun primeiro momento polo aumento de prestación por fillo a cargo para familias vulnerables.