Estudo da situación das persoas sen fogar en Galicia, 2017: trazos e propostas de intervención

Traballo conxunto entre  Xunta de Galicia e Cruz Vermella Española en Galicia, realizado no marco dun convenio de colaboración para o desenvolvemento dun programa de acompañamento e apoio a persoas sen teito ou en vulnerabilidade extrema que, á súa vez, se enmarca dentro da Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020.


Estudo da situación das persoas sen fogar en Galicia, 2017: trazos e propostas de intervención. Santiago de Compostela: Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Inclusión Social, 2018. 1ª ed., 108 p. — 30 x 21 cm

O estudo responde ao resultado do traballo realizado como parte da preparación previa do futuro Plan de atención ás persoas sen fogar en Galicia con dous obxectivos: ampliar e actualizar a información diagnóstica dispoñible sobre o senfogarismo en Galicia e recoller consideracións e perspectivas de intervención propostas desde grupos de persoas expertas, profesionais da área e con experiencia no senfogarismo.

O documento estrutúrase en tres apartados que presentan a información recollida tras o desenvolvemento de varias actividades de investigación e participación cualificada.

Ao longo deste documento abórdanse diferentes categorías do senfogarismo, con referencias á tipoloxía europea de exclusión residencial (ETHOS), que distingue diferentes perfís agrupados en catro categorías: persoas que se atopan sen teito, sen vivenda, e as que viven nunha vivenda insegura e nunha vivenda inadecuada.

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/estudo_senfogarismo_galicia2017_vfinal_nov18.pdf