Guía de accesibilidad en los espacios públicos urbanizados v.1.0

08. Febreiro 2022 Alertas, Normativa

Esta Orde TMA/851/2021, do 23 de xullo, pola que se desenvolve o documento técnico de condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e a utilización dos espazos públicos urbanizados deroga a Orde VIV/561/2010, ten carácter técnico e vai acompañado desta guía que axuda a aclarar os contidos da devandita orde.


 

Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, Guía de accesibilidad en los espacios públicos urbanizados v.1.0. Madrid, Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, 2021, 83 p.

Unha década despois da aprobación e entrada en vigor da Orde VIV/561/2010, do 1 de febreiro, entendeuse necesaria a súa actualización e adaptación aos cambios normativos producidos. Este produto, xa elaborado polo Mitma como Orde TMA/851/2021, deroga de maneira íntegra a anterior Orde Ministerial, e caracterízase por ter un carácter eminentemente técnico, que aconsella o acompañamento dunha guía como esta, que trata de mellorar a comprensión dos seus contidos e que axudará a unha aplicación da Orde o máis uniforme e efectiva posible.

Ademais, achega aclaracións e exemplos que facilitarán as decisións para adoptar por quen ten que aplicala, e cuxa vocación é dinámica, é dicir, adaptable e modificable para seguir achegando aclaracións ou novas solucións.

https://cdn.mitma.gob.es/portal-web-drupal/estudios_y_publicaciones/guia_accesibilidad.pdf