Informe 2016 sobre la aplicación de la Estrategia Integral Española de Cultura para Todos

11. Febreiro 2019 Alertas

No informe 2016 da estratexia dáse conta das actuacións desenvolvidas polos diversos organismos da Administración Xeral do Estado organizados ao redor do Foro de Cultura Inclusiva, órgano encargado de supervisar e auditar o cumprimento das liñas de actuación previstas na estratexia


Díaz Velázquez, E., García, C., Informe 2016 sobre la aplicación de la Estrategia Integral Española de Cultura para Todos. Madrid, Real Patronato sobre Discapacidad, 2018, 145 p.
A Estratexia Integral Española de Cultura para Todos foi aprobada en Consello de Ministros o 29 de Xullo de 2011 e creada co obxectivo de dar resposta ás necesidades e demandas de accesibilidade e inclusión á cultura das persoas con discapacidade, así como ás esixencias normativas nacionais e internacionais. Contempla deste xeito unha serie de medidas dirixidas a garantir a plena participación do colectivo nas diferentes esferas culturais e componse de dez obxectivos estratéxicos a partir dos cales se desenvolven de maneira detallada todas as liñas de actuación propostas.
Neste informe preséntanse os principais resultados obtidos da avaliación realizada para coñecer o grao de aplicación da devandita estratexia nas diferentes entidades e administracións públicas. Para iso, recompiláronse os datos de actividades e servizos implementados nelas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016. A partir dos datos achegados polos organismos e entidades participantes, pódese afirmar que a aplicación da Estratexia Integral Española de Cultura para Todos neste período supuxo a implementación de 6544 actuacións específicas, que tiveron un custo aproximado de 2.277.517,69 euros e un número de beneficiarios estimado que alcanza as 285.215 persoas. Aínda que é evidente que os resultados alcanzados poderían ser aínda susceptibles de mellora, hai que destacar que se van consolidando as actuacións e medidas relacionadas coa accesibilidade e a inclusión das persoas con discapacidade no ámbito da cultura.