Informe sobre exclusión y desarrollo social en Galicia. Resultados de la Encuesta sobre Integración y Necesidades Sociales 2018. VIII Informe sobre exclusión y desarrollo social en España

13. Novembro 2019 Alertas

Este informe sobre exclusión e desenvolvemento social en Galicia é froito da investigación realizada pola Fundación FOESSA a partir da Enquisa sobre Integración e Necesidades Sociais de 2018.


Fernández, G. (coord.), Informe sobre exclusión y desarrollo social en Galicia. Resultados de la Encuesta sobre Integración y Necesidades Sociales 2018. VIII Informe sobre exclusión y desarrollo social en España. Serie: Informes Territoriales 2019, Madrid, Fundación Foessa, Cáritas Española Editores, 2019, 199 p.

Este informe sobre exclusión e desenvolvemento social en Galicia é froito da investigación realizada pola Fundación FOESSA a partir da Enquisa sobre Integración e necesidades sociais de 2018. Este informe pon o foco en explicar as características do eixo integración-exclusión social en máis aló do tradicional modelo da análise centrada na pobreza monetaria. Desde unha perspectiva comparada con España, o estudo ofrece multitude de datos sobre o modelo de cohesión social en Galicia. Adicionalmente, o informe ofrece tamén información a partir da opinión da poboación galega sobre as necesidades, expectativas, niveis de acceso e valoración sobre o que se denominou como dereitos sociais “de baixa intensidade”, é dicir, aqueles que non se atopan garantidos por un sistema público e universal. Entre os seus resultados o informe destaca que crece a porcentaxe de poboación en situación de integración precaria mentres se reduce a porcentaxe de poboación en situación de integración plena e mantense o peso das situacións de exclusión, cun repunte da exclusión severa. As taxas de exclusión social son algo máis elevadas que no conxunto de España, debido a unha evolución máis negativa que nas demais CC. AA.