La voz de la discapacidad en la literatura española

29. Novembro 2018 Alertas

Inico edita esta guía que recompila libros destinados ao público adulto e infantil onde a discapacidade é  a protagonista a través dalgún personaxe


Porras Navalón, María del Pilar e Verdugo Alonso, Miguel Ángel. — La voz de la discapacidad en la literatura española. Salamanca : Universidad de Salamanca, Instituto Universitario de Integración en la Comunidad (Inico), 2018. — 1ª ed. — 122 p. — (Colección Herramientas ; 14). — D. L.: S. 73-2018. — ISBN: 978-84-09-00257-3

 

Guía que recompila libros destinados ao público adulto e infantil onde a discapacidade é protagonista a través dalgún personaxe.

Os autores na introdución do libro transmítennos as vantaxes da lectura para o desenvolvemento da creatividade, a imaxinación e a intelixencia da persoa, o seu enriquecemento lingüístico, a empatía e o estímulo da súa capacidade intelectual, etc.

Insisten tamén na importancia do fomento da lectura na primera infancia para entender a lectura como unha actividade voluntaria e, xa que logo, desexada.

A lectura mostra historias que desenvolven circunstancias distintas. É desde esa perspectiva  que a lectura axuda a aceptar a pluralidade e a diversidade. E é, neste contexto, como a lectura fomenta a empatía e permite asimilar outras realidades de forma respectuosa e tolerante.

Os adultos, ante unha situación de discapacidade poden atopar na literatura infantil unha axuda cando teñen que explicar unha situación aos máis pequenos da casa.

Os criterios de selección que se seguiron para a elaboración dos contidos foron: A discapacidade trátase de xeito natural; Téñense como referencia os valores que transmite a lectura: tolerancia, respecto, sensibilidade, etc.; Non se inclúen libros anteriores ao ano 2000; Inclúense unicamente libros en castelán e a ilustración é un factor importante  para o público máis infantil.

En definitiva, os libros seleccionados deben ser coherentes, contar unha historia e transmitir valores de tolerancia e respecto.

http://sid.usal.es/idocs/F8/FDO27373/Herramientas%2014_2018.pdf