La vulnerabilidad social y la salud de las personas atendidas por Cruz Roja

15. Maio 2020 Alertas

Este novo número do Boletín sobre Vulnerabilidade Social de Cruz Vermella analiza a avaliación do estado de saúde das persoas atendidas con especial fincapé nos determinantes sociais da saúde


Romera, R., et al., La vulnerabilidad social y la salud de las personas atendidas por Cruz Roja. Boletín sobre Vulnerabilidad Social , n. 18, 2019, 256 p.  ISSN: 2340-7794

Este novo Boletín Cruz Vermella volve dedicar un espazo monográfico á avaliación do estado de saúde das persoas atendidas, partindo da definición de Saúde da OMS que incorpora un enfoque biopsicosocial. Fai especial fincapé no impacto dos determinantes sociais na saúde, especialmente nunha poboación cuxo risco de pobreza e exclusión é moi elevado, comparado co da poboación xeral, e cuxa situación de vulnerabilidade ten carácter multidimensional. Os estilos de vida e o seu impacto na saúde, así como a xestión que as persoas atendidas realizan das súas enfermidades teñen espazo nesta investigación evidenciando que as principais dificultades que experimentan para mellorar a súa saúde están relacionadas coa presenza de problemas económicos, materiais e/ou a carencia de redes de apoio.

https://www2.cruzroja.es/documents/5640665/13549052/Boletin+Cruz+Roja+N+18.pdf/aad233f8-4391-a4b7-b2b5-ff63624a7543?t=1574859459619