Las personas refugiadas en España y Europa. Informe 2022 de la Comisión Española de Ayuda al Refugiado (CEAR).

20. Xullo 2022 Alertas

O Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) calcula que  a mediados de 2021 o número de persoas que abandonaran os seus fogares debido á persecución, as violacións dos dereitos humanos e as guerras ascendía a 85,8 millóns.


Álvarez, C., et al. (coords.), Las personas refugiadas en España y Europa. Informe 2022 de la Comisión Española de Ayuda al Refugiado (CEAR). Madrid, Comisión Española de Ayuda al Refugiado, 2022, 164 p.

As cifras de desprazamento forzado a nivel global seguen superando todos os rexistros previos. Así, a mediados de 2021, segundo o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR), 85,8 millóns de persoas abandonaran os seus fogares debido á persecución, as violacións dos dereitos humanos e as guerras. Un ano máis, esta análise detense en Siria ou Afganistán, como dúas das situacións de longa duración desde onde millóns de persoas se viron obrigadas a desprazarse, dentro ou fóra das súas fronteiras. Moitas atoparon serias dificultades para acceder á protección internacional sendo a maioría acollidas en países limítrofes con limitadas capacidades. Esta cuestión está chamada a cobrar cada vez máis importancia nas axendas internacionais, tendo en conta que para mediados de século se estima que as persoas que migren por estes motivos poidan superar os 250 millóns.

Las personas refugiadas en España y Europa