Las transformaciones territoriales y sociales del Estado en la edad digital. Libro homenaje a Luis Moreno
Libro homenaxe a Luís Moreno, sociólogo e politólogo de talla internacional. Na elaboración deste libro colaboraron case unha trintena de investigadores de distintas universidades e centros españois e internacionais. Nel analízanse entre outros temas distintos aspectos relacionados coas identidades, a dimensión territorial e social do Estado e as políticas do Estado do benestar.
Moreno, F.J., Pino, E. del (eds.), Las transformaciones territoriales y sociales del Estado en la edad digital. Libro homenaje a Luis Moreno. Madrid, Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, Ministerio de la Presidencia, 2020, 640 p
Este volume reúne contribucións dun conxunto de autores que atoparon estimulo intelectual na “imaxinación sociolóxica”, inquisitiva e crítica de Luís Moreno. Un bo número deles e delas publicaron xunto a Moreno nas diferentes liñas de investigación que marcaron a frutífera e produtiva carreira dun dos científicos sociais españois máis reputados internacionalmente e todos se inspiraron no traballo dun dos investigadores e divulgadores científicos máis prolíficos do noso país.
Na elaboración deste libro colaboraron case trinta investigadores de distintas universidades e centros españois e internacionais. O primeiro bloque de capítulos está dedicado á dimensión territorial dos Estados contemporáneos, ao nacionalismo e á evolución das identidades. O segundo bloque analiza distintos tipos de relacións entre as dimensións territorial e social do Estado e serve de transición cara á terceira parte do libro dedicada ás institucións e políticas do Estado de benestar. O último bloque analiza o impacto da tecnoloxía e a era dixital en distintas dimensións dos Estados e a sociedade contemporánea, tema que atraeu a atención do autor aquí homenaxeado nos últimos anos.