Los aspectos sociales en la contratación pública: guía práctica para entidades del Tercer Sector Social

27. Abril 2018 Alertas

Presentamos esta guía elaborada por Cermi co obxectivo de orientar as entidades do Terceiro Sector Social, especialmente as relacionadas coas persoas con discapacidade e as súas familias, na súa actuación ante o fenómeno da contratación pública.


Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad, Los aspectos sociales en la contratación pública: guía práctica para entidades del Tercer Sector Social. Serie: Colección Inclusión y Diversidad n. 21, Madrid, Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad-CERMI, 2018, 88 p. – DL  M-11112-2018. ISBN 978-84-16668-50-2

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade ( CERMI) elaborou esta guía práctica co obxectivo de orientar as entidades do Terceiro Sector Social, especialmente as relacionadas coas persoas con discapacidade e as súas familias, na súa actuación ante o fenómeno da contratación pública. Realízase no marco da entrada en vigor da nova Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público pola que se transponen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014. Dado que moitos dos servizos sociais e de proximidade que son promovidos ou financiados polas administracións públicas e, en concreto, moitos dos que teñen como destinatarias as persoas con discapacidade, se instrumentan pola fórmula da contratación, resulta fundamental que tanto estas como as entidades sociais coñezan e saiban aplicar este novo marco normativo. Descríbense así os elementos esenciais dunha contratación pública social e como poden actuar as entidades do Terceiro Sector; tamén se aborda a acción concertada ou “concertos sociais” que se desenvolve á marxe da contratación; e, por último, inclúese un anexo dedicado á normativa. Trátase dunha ferramenta práctica de utilidade para todos os axentes e operadores con interese na dimensión social da contratación pública.

https://www.cermi.es/sites/default/files/docs/colecciones/coleccion%20Inclusi%C3%B3n%20y%20diversidad%20n%C2%BA21_.pdf