Normativa de ámbito social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Setembro, 2019

01. Outubro 2019 Normativa

Recollemos para a súa consulta, normativa de ámbito social publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) en setembro de 2019.


Normativa DOG. Setembro, 2019

Consellería de Facenda. RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ordena a publicación dos criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2018 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade (DOG, núm. 165 do 02.09.2019)

Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican os requirimentos de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 24 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento BS320A) (DOG, núm. 166 do 03.09.2019)

Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 3 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases que rexerán as subvencións destinadas a confederacións, federacións e a entidades de iniciativa social non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2019 e 2020, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (código de procedemento BS614A) (DOG, núm. 169 do 06.09.2019)

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. ORDE do 3 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios á dinamización demográfica 2019 para distinguir as iniciativas das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia a prol do crecemento demográfico (código de procedemento PR420C) (DOG, núm. 173 do 12.09.2019)

Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican os requirimentos de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 24 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento BS508B) (DOG, núm. 173 do 12.09.2019)

Consellería de Política Social. ORDE do 6 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D) (DOG, núm. 174 do 13.09.2019)

Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se publica a Resolución do 3 de setembro de 2019 de corrección de erros na Resolución do 2 de agosto de 2019 dos procedementos BS303B prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as no Centro Residencial Xuvenil LUG para o curso académico 2019/20 (DOG nº 174, do 13.09.2019)

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 3 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e a corresponsabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento SI440A) (DOG nº 176, do 17.09.2019)

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se procede á segunda convocatoria para o ano 2019, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI461A) (DOG nº 178, do 19.09.2019)

Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se publica a Resolución do 6 de setembro de 2019, ditada no procedemento BS303C de convocatoria de prazas de persoas colaboradoras bolseiras, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as, excluídos e lista de espera no centro residencial xuvenil LUG para o curso académico 2019/20 (DOG nº 179, do 20.09.2019)

Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se publica a Resolución do 3 de setembro de 2019, ditada no procedemento BS303C de convocatoria de prazas de persoas colaboradoras bolseiras pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as, excluídos/as e lista de espera na Residencia Xuvenil Altamar para o curso académico 2019/20 (DOG nº 183, do 26.09.2019)

Consellería de Economía, Emprego e Industria. ORDE do 23 de setembro de 2019 pola que se procede á ampliación do prazo de presentación de solicitudes da Orde do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2018 e 2019 (código de procedemento TR301V) (DOG nº 184, do 27.09.2019)