Normativa de Política Social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Maio 2018

01. Xuño 2018 Normativa

Recollemos para a súa consulta unha selección de normas relacionadas coas políticas sociais e publicadas no DOG ao longo do mes de maio de 2018

Orde do 18 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi) e se convocan para o exercicio 2018. (DOG nº 84, do 02.05.2018).

Orde do 16 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 88, do 08.05.2018).

Resolución do 9 de maio de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía, para as persoas residentes en Venezuela, o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 14 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2018 (PR925A). (DOG nº 91, do 14.05.2018).

Orde do 27 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TR341R). (DOG nº 92, do 15.05.2018).

Orde do 2 de maio de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018. (DOG nº 92, do 15.05.2018).

Orde do 30 de abril de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 93, do 16.05.2018).

Extracto da Orde do 30 de abril de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 93, do 16.05.2018).

Resolución do 19 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove, e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 93, do 16.05.2018).

Orde do 2 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil e se convoca para o ano 2018. (DOG nº 94, do 18.05.2018).

Extracto da Orde do 2 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil e se convoca para o ano 2018. (DOG nº 94, do 18.05.2018).

Orde do 8 de maio de 2018 pola que se fai público o incremento do crédito previsto na Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018. (DOG nº 94, do 18.05.2018).

Orde do 2 de maio de 2018 pola que se fai pública a resolución da orde de convocatoria de axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2017/18. (DOG nº 95, do 21.05.2018).

Orde do 2 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de carácter sociosanitario. (DOG nº 96, do 22.05.2018).

Orde do 4 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros de emprego dirixidos a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TR353B). (DOG nº 97, do 23.05.2018).

Resolución do 30 de abril de 2018 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria. (DOG nº 97, do 23.05.2018).

Instrución do 5 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, sobre as actuacións que se realizarán en materia de procedementos de adopción nacional en cumprimento da sentenza do Tribunal Constitucional 133/2017, do 16 de novembro. (DOG nº 100, do 28.05.2018).

Resolución do 16 de maio de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de emerxencia social e para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento PR935A). (DOG nº 101, do 29.05.2018).

Resolución do 15 de maio de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (SI440A). (DOG nº 103, do 31.05.2018).

Resolución do 21 de maio de 2018 pola que se publica a relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2018/19 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia da Coruña. (DOG nº 103, do 31.05.2018).

Resolución do 21 de maio de 2018 pola que se publica a relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2018/19 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Lugo. (DOG nº 103, do 31.05.2018).

Resolución do 21 de maio de 2018 pola que se publica a relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2018/19 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Ourense. (DOG nº 103, do 31.05.2018).

Resolución do 21 de maio de 2018 pola que se publica a relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2018/19 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Pontevedra. (DOG nº 103, do 31.05.2018).


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará