O Verán que queres contar. Acción de verán 2022. Campos de voluntariado (de 18 a 30 anos)

Un ano máis, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organiza dentro da súa campaña Acción de Verán 2022, a súa oferta para os seus campos de voluntariado


Os campos de voluntariado son actividades realizadas en colaboracion con concellos e entidades, encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autonomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.

A Xunta de Galicia oferta no verán deste 2022 un total de 675 prazas en 45 campos de voluntariado (incluíndo as catro quendas nas Illas Cies) que se desenvolverán por todo o territorio galego, prazas que se suman ás 79 para a xuventude galega en campos doutras comunidades autonomas e ás 57 no estranxeiro, dado que neste 2022 recupérase a mobilidade internacional. Neste programa pode participar a mocidade de 18 a 30 anos.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o mércores 18 de maio.

Consulta aquí toda a información dos campos de voluntariado, tanto dos que se programan en Galicia como das opcións para galegos/as noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.

Programa 2022:

OFERTA

 

Información dos campos de voluntariado