¿Por qué los retos de la conciliación en tiempos de Covid-19 son todavía mayores para las mujeres?

23. Xuño 2020 Alertas

Unha das maiores consecuencias derivadas do Covid 19 é que a conciliación da vida laboral, persoal e familiar é máis difícil, sometendo a unha particular presión ás mulleres.


Ramos, J., Gómez, A., ¿Por qué los retos de la conciliación en tiempos de Covid-19 son todavía mayores para las mujeres?. Serie: COVID-19: IvieExpress, Valencia, Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas, 2020, 10 p.

A crise sanitaria internacional máis relevante do século XXI, derivada do Covid-19, ademais de ameazar a saúde das persoas está a ter graves consecuencias económicas e sociais. Unha destas últimas é que a conciliación da vida laboral, persoal e familiar é máis difícil, sometendo a unha particular presión ás mulleres.

A razón é que moitas actividades domésticas xa recaían máis intensamente sobre elas antes da pandemia, porque a repartición de tempos de traballo remunerado e non remunerado é desigual entre xéneros (as mulleres dedican 85 minutos diarios máis que os homes a tarefas domésticas e coidado de familiares), e a economía formal de coidados está pouco desenvolvida en España (0,8 % do PIB, a metade que no Reino Unido ou Alemaña e a terceira parte que en Bélxica, Holanda ou Suecia).

Partindo da maior presenza da muller no fogar familiar e a súa maior dedicación ás tarefas de coidado e educación dos fillos, o paso ao ámbito doméstico da aprendizaxe a distancia dos fillos e o teletraballo dunha parte importante da poboación (entre o 10 % e o 50 % nos sectores que concentran á metade das traballadoras, entre o 10 % e 20 % nos sectores que concentran á metade dos traballadores homes) redobra as presións sobre as mulleres.

Se non se adoptan medidas no ámbito privado e público para paliar as consecuencias desa maior presión sobre a conciliación, a situación terá consecuencias negativas sobre a saúde das mulleres e as relacións familiares.

https://www.ivie.es/wp-content/uploads/2020/06/16.Covid19_IvieExpress_Por-qu%C3%A9-los-retos-de-la-concilacion-en-tiempos.pdf