Protocolo sociosanitario para la promoción del buen trato y la detección e intervención ante el mal trato a personas mayores

06. Setembro 2019 Alertas

Ferramenta elaborada desde as consellerías de Servizos e Dereitos Sociais e de Sanidade do Principado de Asturias, xunto aos Servizos sociais municipais, co obxectivo de avanzar cara a unha sociedade na que se preste especial atención á diferenza entre as persoas e ás súas situacións de vulnerabilidade


Protocolo sociosanitario para la promoción del buen trato y la detección e intervención ante el mal trato a personas mayores / Principado de Asturias, Consejería de Servicios y Derechos Sociales, Consejería de Sanidad, Servicios sociales municipales. [Oviedo] : Consejería de Servicios y Derechos Sociales del Principado de Asturias, 2018. 129 p. (Documentos técnicos ; 1). D L: AS 03082-2018

Tes nas túas mans o Protocolo Sociosanitario para a Promoción do Bo Trato e a Detección e Intervención #ante os Malos tratos a Persoas Maiores, a nova ferramenta que elaboramos desde as Consellerías de Servizos e Dereitos Sociais e de Sanidade do Principado de Asturias, xunto aos Servizos Sociais Municipais, co obxectivo de avanzar cara a unha sociedade mellor, máis respectuosa e inclusiva, na que se preste especial atención á diferenza entre as persoas e ás súas situacións de vulnerabilidade.

A atención sociosanitaria á violencia e as súas consecuencias é un proceso complexo que vai desde a detección á rehabilitación e que esixe a participación coordinada e transversal das institucións públicas. O camiño dunha boa atención nesta sociedade comeza por superar as enormes dificultades sociais e culturais que supón a súa visibilización.

Neste caso, o traballo céntrase nas persoas maiores, e busca facilitar unha intervención coordinada entre as administracións e sistemas de protección, ademais de sensibilizar a profesionais, organizacións e á sociedade en xeral sobre a necesidade de tratar ben aos nosos maiores, previr e intervir ante calquera situación de malos tratos.

A nova ferramenta aborda todas as tipoloxías de malos tratos: físico, psicolóxico, sexual, financeiro, neglixencia e abandono; e diferencia o ámbito social-comunitario, o relacional-familiar, e o institucional, establecendo en cada un destes os factores de risco a ter en conta para a súa detección e intervención. Ademais, salienta os factores de protección vinculados ao bo trato e propón ferramentas específicas para afrontar estes casos en todos os ámbitos, tamén cando se producen no ámbito familiar, onde queda máis oculto polos vínculos de afecto.

A elaboración de ferramentas como este protocolo, contribúen a unha maior sensibilización, formación dos e das profesionais de atención e a un incremento da coordinación de recursos destinados a garantir a calidade de vida das persoas.

https://www.socialasturias.es/protocolo/personasmayores