Recomendaciones para la Implementación de la Garantía Infantil Europea en España en el Ámbito Local

15. Xuño 2022 Alertas

Neste estudo identifícanse, con base empírica, os obstáculos, factores de éxito e boas prácticas dos Gobernos locais no ámbito das políticas contra a pobreza infantil.


Salinas, P., et al., Recomendaciones para la Implementación de la Garantía Infantil Europea en España en el Ámbito Local. Madrid, UNICEF España, 2021, 94 p

Neste estudo identifícanse, con base empírica, os obstáculos, factores de éxito e boas prácticas dos Gobernos locais no ámbito das políticas contra a pobreza infantil que engloba a GIE, e ofrécense recomendacións concretas que se poden implementar desde a administración local dirixidas á consecución dos obxectivos da GIE, e que complementen as políticas desenvoltas a nivel central e autonómico. En concreto, o estudo propón políticas e accións locais dirixidos a abordar a pobreza infantil e a exclusión social desde distintos ámbitos de actuación, tendo en conta e incluíndo recomendacións para a súa implementación efectiva.

O estudo está centrado nas áreas de actuación da GIE: educación, sanidade, nutrición, e vivenda, á que se agregou gobernanza e participación, así como nos catro grupos prioritarios que define a Garantía Infantil Europea:

– Nenos, nenas e adolescentes en situacións familiares precarias.

– Nenos, nenas e adolescentes que residen en institucións.

– Nenos, nenas e adolescentes de orixe migratoria.

– Nenos, nenas e adolescentes con discapacidade e/ou necesidades especiais.

Enlace ao documento