Sistema de Acreditación de Calidad para los servicios de atención a personas mayores

02. Febreiro 2017 Alertas

A Sociedad Española de Geriatría y Gerontología vén de editar este documento no que se establecen requisitos ou estándares de calidade e xestión en centros de servizos sociais para persoas maiores e profesionais de servizos de axuda a domicilio, teleasistencia domiciliaria, centros residenciais e centros de día.


Sistema de Acreditación de Calidad para los servicios de atención a personas mayores. Madrid, Sociedad Española de Geriatría y Gerontología, 2017.

O modelo científico de acreditación de calidade desenvolvido e con propiedade intelectual da Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía (SEGG), é un sistema consensuado por expertos en xeriatría e xerontoloxía con ampla experiencia en servizos sociais e sanitarios de atención a persoas maiores, que establece uns requisitos ou estándares de calidade e xestión adecuados para ofrecer seguridade e garantía ás persoas maiores e profesionais dos servizos. O modelo inclúe os servizos: centros residenciais, centros de día, Servizo de axuda a domicilio (SAD) e Servizo de teleasistencia domiciliaria (TAD).

O sistema ACREDITACIÓN SEGG 2.0 de 2016, está centrado na persoa maior como elemento vertebral de todos os eixes e establece tres niveis de acreditación (*Acreditado, **Avanzado Y ***Excelente) que permiten ao servizo establecer un itinerario de mellora continua. O servizo, despois de ser analizado ou revisado e no caso de superar os estándares, obtén un certificado e un selo de acreditación da SEGG, como recoñecemento a unha atención de calidade ás persoas.

No seguinte enderezo atópase información sobre este documento e outros elaborados e publicados pola mesma entidade:

http://segg.es/acreditacion.asp