Guía Jurídica en Lectura Fácil. Tutor y tutelado. Derechos y obligaciones

28. Febreiro 2018 Alertas

FADEMGA Plena Inclusión Galicia publica a Guía jurídica en lectura fácil para informar ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias, sobre os seus dereitos. Serve como ferramenta para facilitar o acceso á xustiza das persoas con discapacidade.


Guía jurídica en lectura fácil: Tutor y tutelado. Derechos y obligaciones / Coordinación: Moisés Lamigueiro Romeo ; Adapt. a lectura fácil: Mª Dolores Portela León… [et al.]. Santiago de Compostela : Fademga Plena Inclusión Galicia, 2017. 54 p.

Analiza de forma clara e visual sobre a capacidade de obrar das persoas con discapacidade e da súa modificación xudicial, da tutela e a autotutela, da curadoría , a garda e a patria potestade, etc. A guía convértese así nun importantísimo instrumento de información accesible para facilitar a plena participación das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias na Xustiza, pois este é un dereito universal ao que todos debemos acceder en igualdade de condicións.

http://fademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/Guia%20juridica%20LF.pdf