Guía para activar el proyecto de vida de personas mayores que viven en entornos residenciales. Prestación del catálogo de servicios sociales
Esta guía pretende servir de apoio para activar de maneira respectuosa, non invasiva, o proxecto de vida das persoas maiores que viven en residencias.
Gerencia de Servicios Sociales, Guía para activar el proyecto de vida de personas mayores que viven en entornos residenciales. Prestación del catálogo de servicios sociales. Valladolid, Junta de Castilla y León, 2019,137 p.
Esta guía pretende servir de apoio para activar de maneira respectuosa, non invasiva, o proxecto de vida das persoas maiores que viven en residencias. A decisión de trasladarse a unha residencia, deixando a propia casa ou a contorna familiar, non adoita ser unha decisión fácil. A miúdo é unha opción que se toma cando “xa non queda máis remedio”. Un dos motivos que explican o rexeitamento de moitas persoas ás residencias é o temor a non poder seguir desenvolvendo unha vida acorde aos propios costumes e, sobre todo, a chegar a perder o control sobre ela. Algo que en casa, non adoita pasar. Este documento pretende converterse nun marco de reflexión sobre a misión do servizo residencial. Misión que non pode ser outra que ofrecer apoios para que as persoas maiores que viven estes recursos poidan seguir desenvolvendo vidas significativas mesmo cando precisan apoios importantes para iso.