Guía para facilitar la realización de actividades cotidianas significativas con personas con demencia = Eguneroko jarduera esanguratsuak dementzia duten pertsonekin egiten laguntzeko gidaliburua
Esta guía foi preparada para que as persoas que se ocupan de apoiar a persoas con demencia nas súas rutinas dol día a día, teñan unha ferramenta práctica para realizar actividades cotiás terapéuticas significativas.
Buiza, C., Díaz-Veiga, P., Guía para facilitar la realización de actividades cotidianas significativas con personas con demencia = Eguneroko jarduera esanguratsuak dementzia duten pertsonekin egiten laguntzeko gidaliburua. Donostia-San Sebastián, Matia Fundazioa, 2020, 68 p.
Ao longo da nosa vida os días están cheos de actividades cotiás que realizamos, a maioría das veces, sen nin sequera darnos conta. Con todo, moitas delas dan sentido e contido ás nosas vidas, e son reflexo de como somos cada individuo. Nas persoas que teñen demencia isto non é diferente, aínda que a investigación sobre a importancia da actividade cotiá significativa para as persoas con demencia é un campo relativamente novo e aínda non desenvolvido moi cumpridamente. O que resulta importante é que a persoa con demencia teña a oportunidade de estar implicada no tipo de actividades coas que gozaban antes da demencia. Por tanto, a historia de vida convértese nunha ferramenta imprescindible para apoiar a planificación de coidados de cada persoa. Esta guía foi preparada para que as persoas que se ocupan de apoiar a persoas con demencia nas súas rutinas do día a día, teñan unha ferramenta práctica para realizar actividades cotiás terapéuticas significativas.