Guía para incorporar el enfoque de género en la planificación de políticas sociales
Guía editada pola Xunta de Andalucía e dirixida ás persoas que planifican políticas sociais co obxectivo de introducir o concepto de transversalidade de xénero nas súas comunicacións.
García, M. (coord.), et al., Guía para incorporar el enfoque de género en la planificación de políticas sociales. Granada, Escuela Andaluza de Salud Pública, 2016, 116 p.
O xénero é, xunto coa idade, a clase, a etnia e a nacionalidade, un dos factores que en maior medida condicionan a posición social das persoas. Mulleres e homes, polo mero feito de selo, non gozan das mesmas oportunidades sociais. Por iso, os poderes públicos deben tomar medidas que fagan efectiva a igualdade de trato aprobada polas leis, ofrecer políticas e servizos específicos que respondan as necesidades diferenciadas de determinados grupos de homes e mulleres, e finalmente, tomar conciencia dos rumbos de xénero da súa propia organización interna e corrixilos. Nisto consiste a transversalidade de xénero (‘ gender mainstreaming’), e para introducir este enfoque na planificación das políticas sociais, a Junta de Andalucía publicou a presente guía.
http://www.juntadeandalucia.es/export/drupaljda/publicacion/17/01/Gui%CC%81a%20Genero%20CIPS_v4.pdf