Guía práctica de actuación en epidemias de Covid-19 en residencias para personas mayores. Lecciones aprendidas durante la primera oleada. Anticipándonos a los siguientes brotes
Este informe responde á necesidade de mobilizar recursos sanitarios e integrar as medidas de control da pandemia na segunda, terceira e sucesivas ondas en todos os ámbitos sanitarios, e especialmente nas poboacións máis vulnerables que viven en ambientes congregados.
Monedero, I., et al., Guía práctica de actuación en epidemias de Covid-19 en residencias para personas mayores. Lecciones aprendidas durante la primera oleada. Anticipándonos a los siguientes brotes. Madrid, Sociedad Española de Medicina de Familia y Comunitaria, 2020, 45 p.
A mortalidade da pandemia por COVID-19 (enfermidade causada polo virus denominando SARS- CoV-2) na primeira onda da primavera de 2020 concentrouse principalmente nos anciáns ou adultos maiores que viven en residencias, correspondendo a data desta versión ao 64-68 % da mortalidade total da pandemia española1. É e será, por tanto, o grupo máis vulnerable e con maior necesidade asistencial durante a onda actual e nas futuras. A combinación de alta transmisión, poboación moi vulnerable, limitada capacidade diagnóstica, de contención e de manexo médico, propiciou brotes de alta letalidade con consecuencias desastrosas para pacientes, familias e institucións.
A situación vivida establece a necesidade dun cambio de paradigma na atención integral ao envellecemento saudable, e cunha atención médica de maior calidade no paciente xeriátrico complexo xa que se estima que haberá múltiples ondas e que a COVID-19 persistirá como un problema de saúde global polo menos ata 2024. Hai unha necesidade real e inmediata de mobilizar recursos sanitarios e integrar as medidas de control da pandemia na segunda, terceira e sucesivas ondas en todos os ámbitos sanitarios, e especialmente nas poboacións máis vulnerables que viven en ambientes congregados.
Este informe é unha guía práctica baseada nas experiencias exitosas durante a primeira onda da pandemia (transmisión exponencial e alta letalidade) en residencias de anciáns apoiadas por Atención Primaria (AP).
https://www.semfyc.es/wp-content/uploads/2021/01/Covid19-residencias-19-01-2021.pdf