Hablemos de duelo. Manual práctico para abordar la muerte con niños y adolescentes. Incluye un apartado dedicado a la discapacidad intelectual

06. Abril 2020 Alertas

Este manual editado en 2016 pola Fundación Mario Losantos do Campo pretende ser unha guía para que educadores e pais poidan atender e canalizar o duelo infantil.


Díaz, P., et al., Hablemos de duelo. Manual práctico para abordar la muerte con niños y adolescentes. Incluye un apartado dedicado a la discapacidad intelectual. Madrid, Fundación Mario Losantos del Campo, 2016, 104 p.

Este manual busca ser unha ferramenta práctica para axudar aos pais e profesores a atender e acompañar o dó infantil. Por iso, ofrece respostas concretas ás diferentes situacións que poden darse no seo da familia cando falece un ser querido, desde as dúbidas máis habituais (Podo levar ao meu fillo ao tanatorio? Como lle explico unha incineración?), ata os escenarios máis complexos (Debo comunicarlle un suicidio? Cando buscar axuda terapéutica?). O manual inclúe tamén un apartado especial sobre como atender o dó en persoas que padecen unha discapacidade intelectual e un capítulo dirixido a profesores, para facilitar a atención dos alumnos no colexio, un lugar onde os nenos pasan moitas horas ao día e desde o cal poden recibir un apoio crucial para superar un dó

https://www.fundacionmlc.org/wp-content/uploads/2018/12/guia-duelo-infantil-fmlc.pdf