Historia social única electrónica : Recomendacións básicas en materia de protección de datos no contexto do uso da HSUE polos servizos sociais comunitarios dos concellos

Guía sobre recomendacións básicas en materia de protección de datos que deberán ter en conta os servizos sociais comunitarios dos concellos no uso da Historia social única electrónica (HSUE)


Amtega. Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Historia social única electrónica : Recomendacións básicas en materia de protección de datos no contexto do uso da HSUE polos servizos sociais comunitarios dos concellos.  — Santiago de Compostela : Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Inclusión Social, 2020. 17 p.

Para a posta en marcha nos servizos sociais comunitarios dos concellos do sistema de información da Historia social única electrónica (HSUE) estableceuse un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e a Amtega, e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Segundo este convenio prevese un modelo para a utilización da Historia social única electrónica (HSUE) por parte dos servizos sociais comunitarios municipais. Este documento compila as obrigas dos concellos con respecto ao tratamento dos datos recollidos nas sesións cos distintos profesionais que participan no proceso de intervención social no referente á incorporación de datos no sistema da HSUE, nomeadamente en relación co cumprimento do deber de información. Tamén se centra no papel dos concellos como encargados e responsables do tratamento que comporta a incorporación da devandita información á HSUE.

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/hsue_recomendacions_2020.pdf