III Estudio sobre la situación de las personas en situación de exclusión residencial grave en la CAPV 2016

24. Novembro 2017 Alertas

Ofrecemos a continuación un estudo de investigación elaborado polo Siis, Centro de Documentación e Estudos da Fundación Eguía Careaga referido ao senfogarismo no País Vasco en outubro de 2016. As conclusións destes informes resultan un instrumento útil e de grande utilidade para que a través da recollida de resultados e a análise e  evolución dos datos recompilados, as administracións e entidades colaboradoras poidan establecer políticas e mecanismos que axuden a mellorar a situación social deste colectivo.


SIIS Centro de Documentación y Estudios, III Estudio sobre la situación de las personas en situación de exclusión residencial grave en la CAPV 2016 = EAEn bizitegi-bazterketa larrian daudenen egoerari buruzko III. azterketa 2016. Vitoria-Gasteiz, Departamento de Empleo y Políticas Sociales, Eusko Jaurlaritza-Gobierno Vasco, 2017, 66, 66 p.

Esta investigación baséase na experiencia das denominadas “noites s” – en inglés, shelter and street- night – ou recontos censales nocturnos de persoas sen fogar realizados, de forma cada vez máis habitual, en cidades da nosa contorna (Madrid, Barcelona, Zaragoza, Sevilla). Recolle os resultados do reconto realizado de forma simultánea en 24 municipios vascos a noite do 26 ao 27 de outubro de 2016, co triplo obxectivo de cuantificar o número de persoas que durmiron en rúa en cada un dos 24 municipios e tamén o daquelas que pernoitaron nalgún recurso con aloxamento da CAPV, analizar a situación e características das persoas en situación de exclusión residencial grave en aspectos moi diversos (situación administrativa, nivel educativo, situación de actividade e ingresos, estado de saúde, relacións sociais, etc.) e observar a evolución dos resultados actuais cos de recontos previos (2010/11, 2012, 2014).

http://www.siis.net/documentos/informes/528548.pdf 

http://blog.siis.net/2017/11/24/sinhogarismo-dos-mil-personas-euskadi/?utm_source=Boletines+de+actualidad+SIIS&utm_campaign=5c700c33ec- boletin_siis&utm_medium=email&utm_term=0_17e0500026-5c700c33ec-315103205