Impacto de las condiciones de la vivienda de alquiler en la infancia vulnerable

21. Abril 2020 Alertas

O Alto Comisionado para a Loita contra a Pobreza Infantil elabora este documento que nos informa de como as malas condicións dunha vivenda afecta o desenvolvemento da poboación infantil máis vulnerable en aspectos como a educación ou a saúde.


Alto Comisionado para la Lucha contra la Pobreza Infantil, Impacto de las condiciones de la vivienda de alquiler en la infancia vulnerable. Serie: Documento Breve n. 15, Madrid, Gobierno de España, 2020, 10 p.

Unha vivenda adecuada non só condiciona o crecemento dos nenos, nenas e adolescentes ( NNA) e o seu desempeño educativo, senón que axuda a previr situacións de necesidade no futuro. Os resultados mostran que os NNA en situación de pobreza presentan carencias significativas no gozor do dereito á vivenda, e que vén agravadas para aqueles que viven en réxime de aluguer. A pobreza infantil é un custo a medio e longo prazo que convén remediar desde a raíz, onde o desigual acceso a unha vivenda digna xoga un papel fundamental. A sobrecarga por motivos de vivenda, as malas condicións desta e o amontoamento son fenómenos que deterioran a calidade de vida e a saúde dos NNA máis vulnerables, impactan no seu rendemento académico e, en definitiva, limitan as súas oportunidades vitais.

https://www.comisionadopobrezainfantil.gob.es/sites/default/files/POBREZA%20INFANTIL%20Y%20VIVIENDA.pdf